Outra fotografía:

Tipo de ben: Porto, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Outes
Parroquia: San Cosme de Outeiro (San Cosme)
Lugar: Barquiña, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Antiguo peirao feito a base de grandes perpiaños de granito que hoxe están esborralladas, pois foron perdendo o seu uso ao estar preto dun novo porto de amarre. Está relacionado cunha antiga vía usada para as relacións das xentes que vivían a ambos lados da ría. Para salvar o río Tambre, esta sería a ruta máis corta dende Noia ata a marxe dereita. Tamén está relacionada cunha das ruta que dende Noia tiñan que facer os peregrinos que dende Noia se encamiñaban a Fisterra. Pedro García Vidal no seu libro “A Noia da Memoria”, fálanos das rutas que cruzaban a ría, por outro punto moi preto deste, e no que hoxe está a Ponte de Ceilán na estrada Muros-Noia : “Nestes recorridos era preciso salvar o impedimento que supuña o río Tambre por medio de Pontenafonso, a “Ponte de Pías” nos documentos medievais. Esta ponte foi construída durante o reinado de Afonso IX. Antes da súa construción …”se pasaba el estuario en barca y, como se trataba de ír a Noya, se escogía el paso más directo, es decir, por el “porto” de Ceylán, el “portum Sailam”, cerca de Tarás y con el embarcadero de enfrente en el lugar que lleva el expresivo nombre de Rates (=”ferry”). Tamén existia outro paso en barca que estaba no propio lugar de Cando”..


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

García Vidal , Pedro. “A Noia da Memoria. Pasado e presente dun casco histórico. Evolución urbana”. Edita Concello de Noia. 1991. ISBN. 84-87879-01-2
Páxina do pxom de Outes:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA030.pdf
(páxina 3 de 6)

Web coa localización do porto que está preto deste:
http://www.portosdegalicia.es/es/instalaciones-portuarias/localizacion-de-puertos.html?svmap_id=173&svmap_user_id=173&svmap_type=0


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8043472759
Lonxitude: -8.90725672245
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84