
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: San Fins (Brión)
Lugar: Boaventura
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Mámoa situada a 300 metros ao oeste das Torres de Altamira e ao norte do lugar de Boaventura, na paraxe chamada monte do Muíño do Vento. Se consideramos que pertence ao conxunto de túmulos de Rañalonga sería sen dúbida a situada máis ao leste e nunha topografía distinta as demais pois estaría en terreo de lixeira pendente cara o val da Amaía, a unha altitude de 275 m. Esta mámoa estaría inédita ata o mes de abril de 2018, cando se fixo visible na paisaxe por mor dunha corta de eucaliptos, como sucedeu coa mámoa recentemente catalogada do Monte da Pena ou de Morousos, na aldea de Carballo (Ames) moi perto da ruta xacobea a Fisterra. Ten un diámetro duns 15 metros e elévase do terreo 1,70 m. aproximadamente. Non ten esteos visibles, presenta cono de profanación e non amosa signos de ter estado cuberta con coiraza
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8766336035Lonxitude: -8.69197189016
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84