Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Brión
Parroquia: Bastavales (San Xulián)
Lugar: Soigrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A fonte atópase embebida nun valado de pedra que salva a altura entre dous socalcos. Situada na parte alta da aldea, presenta unha cornixa formada a base de laxas perfectamente labradas que definen un frontón triangular rematado cunha pequena cruz sen figuración sobre unha desproporcionada basa cúbica. De factura evidentemente popular, no lenzo do muro figura embutido un cano pétreo no que se labra unha condución semicilíndrica que permite que a auga caia mansiña, facilitando o consumo das persoas. Un tanque granítico semisoterrado fai posible o almacenamento do líquido para permitir a bebida dos animais.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Nesta aldea aínda se conserva a casa onde Rosalía de Castro vivíu esporádicamente, e que posiblemente inspiraría o seu poema “Campanas de Bastavales” pola cercanía á igrexa parroquial. Non se descarta que Rosalía bebera nesta fonte.


Historia recente do ben:

A fonte atópase na aldea de Soigrexa a escasos metros da Igrexa de Bastavales.


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BRION/documents/0078CA008.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8222883008
Lonxitude: -8.66799639572
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84