Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Outes
Parroquia: San Cosme de Outeiro (San Cosme)
Lugar: Rates ( Punta de Lancaño)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Neste aserradeiro de madeira atópase unha cheminea que forma parte da paisaxe deste recuncho da Ría de Noia–Muros, e que aparece no pxom de Outes como un ben a protexer, con Grado de Protección: Nivel integral (Nivel 1), área de respecto : reflectida na cartografía (arredor 50 m.). Como fábrica de madeira que aínda funciona a día de hoxe, ten ao seu redor a madeira a secar nunhas pilas de considerable altura, que seguen a gardar a esencia dos vellos oficios, nunha ría que tiña numerosos estaleiros de ribeira para a fabricación dos barcos de madeira que faenaban pola ría. O conxunto da fábrica ten ademais un interesante cargadoiro para o traslado da madeira en barco. As mareas deixaban case sen auga este anaco de costa, polo que era necesario facer unha especie de pasarela para adentrarse nas augas do estuario do río Tíns (Outes) para a cargar a produción da fábrica. A chimenea que estamos a definir marcaba as horas co seu brúo, para a entrada e saída dos traballadores, e servía como improvisado reloxo para que as xentes do lugar adecuaran tamén os seu horario na súa vida cotián. Hoxe a Ponte do Engano deixou sen encanto a paisaxe que supuña todo o conxunto, pois practicamente pásalle por enriba.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Páxina do pxom de Outes
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA030.pdf
(páxina 4 de 6)
Outras fotos de antes e despois da Ponte do Engano
http://www.panoramio.com/photo/18448266
http://www.panoramio.com/photo/31747171


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8254668783
Lonxitude: -8.90051364899
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84