Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Abeleda (San Vicente)
Lugar: Padroso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Vivenda de comezos do século XX en cantearía de granito, tendo polo lateral do camiño e nas cabeceiras, perpiaño de boa calidade, sendo outras zonas en cachotería.
Planta en L con unha superficie de 100m cadrados, cara o lado norte ten un corredor de pedra, con reixa metálica e dous ocos na planta alta. No baixo ten a porta de entrada e unha ventá enreixada.
Esta vivenda na aldea de Padroso, foi onde naceu e medrou Bieito na primeira parte da súa vida.
Na fachada norte permanece unha placa conmemorativa, de cando no 2006 o concello de Xunqueira de Ambía concédelle a distinción de Fillo Predilecto.
Bieito Ledo Cabido, nado no lugar de Padroso (Xunqueira de Ambía) o 23 de febreiro de 1944, é un escritor e editor galego. Na actualidade é director de Ir Indo Edicións.
Estudou filosofía e teoloxía no seminario de Ourense, acadando a licenciatura en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Impartiu clases como profesor no ensino privado.
En 1975 trasladouse a Vigo, onde fundou a librería Ir Indo, e en 1979 incorporouse á Editorial Galaxia como director-xerente ata 1985. Posteriormente, ingresou no concello de Vigo, onde desempeñou o cargo de xefe de Cultura e Educación. En 1978, como presidente do Círculo Ourensán-Vigués, fundou os Premios da Crítica Galicia que presidiu durante quince anos, para logo constituír a homónima, da que é presidente.[1]
En 1985 fundou en Vigo Ir Indo Edicións, coa que creou os proxectos da Enciclopedia Galega Universal (EGU, 1999), o Dicionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU, 2003) e o Dicionario biográfico de Galicia (2010-2011).
Foi membro fundador e primeiro presidente da Asociación Galega de Editores, membro fundador da Fundación Galicia-Empresa, membro do padroado da Fundación Otero Pedrayo, e membro da Asociación de Amigos do Couto Mixto, entre outras asociacións. En nome da EGU, recibiu o Premio da Crítica Galicia como mellor Iniciativa Cultural en 2001 e o Trofeo Galeguidade no apartado de Medios de Comunicación Social da Enxebre Orde da Vieira en 2003. No ano 2005 o concello de Vigo nomeouno Vigués Distinguido e no 2006 o concello de Xunqueira de Ambía concédelle a distinción de Fillo Predilecto. Nese mesmo ano publicou o libro de relatos curtos Aconteceres.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Bieito_Ledo
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.181982Lonxitude: -7.703644
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84