Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas,
Concello: O Grove / Salnés (comarca)
Parroquia: San Vicente do Grove
Lugar: A Batería
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Consta de catro búnkeres con cuberta de formigón de gran grosor cuberta de cantería de granito, para tentar camuflalos no entorno. O acceso faise por un túnel posterior por onde discorren uns raís para transportar os obuses dende as cámaras laterais que hai no túnel principal. Dende un nivel inferior, os obuses introdúcense mediante un elevador nos pozos dos canóns.
Para dirixir os disparos dos canóns, hai un posto de telemetría dividido en dous niveis. O superior albergaba a dirección de tiro composta por un telémetro calculador. Nesta cámara, as paredes están decoradas con perfís en tinta plana de diferentes buques de guerra da época. O nivel inferior contiña a mesa de datos de tiro e planos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

Catro canóns navaís ingleses Vickers 152,4 fabricados en 1923, todos eles inutilizados, e unha cámara con rifles mauser empregados na Guerra Civil.


Tradición oral:
Historia recente do ben:

Esta, xunto con outras catro baterías, formaban parte dun plan proxectado durante a Guerra Civil para protexer as entradas das rías. Para isto trouxéronse catro canóns Vickers 152,4 fabricados en 1923, dende outras bases e mesmo de algún buque de guerra. O conxunto foi rematado e reforzado ante o temor dun posible desembarco do bando aliado durante o contexto da Segunda Guerra Mundial. Para este fin os pozos dos canóns integráronse no interior dun búnker de formigón co gaio de protexelos do ataque da aviación. Tamén se construíu unha batería antiaérea que hoxe ficou fora dos terreos militares.
A día de hoxe, é a única batería en Galicia que permanece como propiedade do Exercito de terra. As instalacións son empregadas pola Brigada de Infantería Ligera Aerotransportable “Galicia” VII (BRILAT), con base en Figueirido, como centro de adestramento. Inda que os canóns non teñan uso.


Referencias bibliográficas:

Molina Franco, Lucas. “Los Cañones de Coruña: Un recorrido histórico y turístico por las defensas costeras del norte de Galicia”. Quirón Ediciones. O Ferrol, 2004.

Molina Franco, Lucas; Vázquez García, Juan e López Hermida, Jose “La Costa Inexpugnable, Las Defensas de la Base Naval de Ferrol-Coruña desde el Siglo XVII hasta nuestros días”. Valladolid. Quirón, 2002


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Os canóns amosan fortes danos por corroxión ao estar expostos a salinidade do mar.


Onde está localizado

Latitude: 42.4564513999
Lonxitude: -8.93381247324
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84