Capela de San Bieito do Freixo
Catalogouno elixiovieites o Xul 15, 2018 • 6:55 p.m. • Non hai comentariosOutra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Noia (comarca) / Outes
Parroquia: O Freixo de Sabardes (San Xoán)
Lugar: Vilariño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Capela en ruínas que estivo baixo a advocación de San Bieito. Os muros de sillería trazan planta rectangular única e presbiterio tamén rectangular, pero máis estreito e de menor altura. Na fachada porta de acceso cara ao oeste, con lintel que amosa decoración dunha flor de 6 pétalos, ou tamén chamada “flor de auga” ou “flor galana”, que algúns autores atribuen a orixes célticos. Máis arriba un sillar pentagonal a modo de frontón ten inscrita en releve unha cruz patada inscrita nun círculo. No interior, podemos ver os restos do arranque dun arco, que polo seu tamaño debeu de ser o arco triunfal, o que separaba a nave principal do presbiterio.
Está a carón dunha fonte e neste lugar celebrábase unha romería moi concurrida. Aínda hoxe podemos ver os panos colgados das pólas dos carballos que están no terreo cercano á auga. Estes son deixados polos devotos que acuden a pedir algún “remedio”.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA015.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A capela é unha ruína.
Onde está localizado
Latitude: 42.7941322798Lonxitude: -8.95462339291
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84