Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Allariz-Maceda (comarca) / Paderne de Allariz
Parroquia: Figueiroá (San Xillao) - Golpellás (Santa Baia)
Lugar: As Tapadas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruz de termo que nos marca un punto común ás parroquias de Golpellás (Santa Baia) e Figueiroá (San Xillao).
Está formada por dous sucos cruzados a 90º, sendo un deles dunha lonxitude de 40 cm, sendo o outro de 20 cm. Estas canles teñen un ancho de 2,5 cm e unha fondura de 1,5 cm aproximadamente.
No extremo sur do suco pequeno, aparece unha coviña, que inicialmente podería ser natural, pero foi retocada para unila á cruz.
Sitúase no borde norte da cara superior dunha peneda duns 2,5 m de longo por 2 m de ancho, que ten unha altura non superior a 0,7 m.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.265823
Lonxitude: -7.746685
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84