Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Vimianzo (San Vicenzo)
Lugar: Toxa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Ó lado da casa fidalga da Toxa, sitúanse as ruínas desta capela pacega, dedicada a San Xosé.

A sinxela capela componse dunha soa nave de planta rectangular construída con bloques de cantería de granito. Polas súas paredes suben agora as hedras, toxos e xestas; no seu interior non garda máis que lixo. Aínda nos anos 50 celebrabase aquí a festa de San Xosé. A imaxe barroca de San Xosé que presidía esta capela gárdase agora na reitoral.

As primeiras referencias documentais son de 1769 e dunha visita do 1817. Nesta xa se fala do seu abandono. O visitador fai referencia ó patrono da capela Don José Patiño, home de Dona Manuela de Castro, e ordena que se faie e branquee, do contrario prohibiríase celebrar a misa no seu interior.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xªmª (1998), A arte relixiosa na Terra de Soneira. Coordenadas/Neria/U.dos V. Santiago


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase a caer e dentro serve de contedor de lixo. Debeu servir como ghalpón para gardar cousas para os donos da casa fidalga e agora quedou no esquecemento.


Onde está localizado

Latitude: 43.11730214297538
Lonxitude: -9.047595262527466
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84