Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Santiago (comarca) / Teo
Parroquia: Luou (Santa María)
Lugar: Cornide
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Atendendo á descrición do Colectivo A Rula : “Na estación 1 destaca a presenza de ata sete combinacións circulares con cazoleta central e tres pequenas cazoletas ailladas, no extremo noroeste do afloramento granítico. Na composición varios sucos asocian os motivos unindo as distintas combinacións. A combinación de círculos concéntricos de maiores dimensións xunto coas dúas do borde inferior, unidas por estes sucos, constitúen o que se pode considerar o motivo central do petróglifo. Esta combinación componse de ata cinco círculos concéntricos e dobre coviña central. Completan a composición varias cazoletas illadas.
Na estación 2 consérvase unha única e irregular combinación circular de dous círculos concéntricos, o exterior incompleto, cazoleta central e varios sucos de saída. Os motivos máis abondosos neste panel son os zoomorfos contándose un mínimo de oito zoomorfos e algún máis incompleto. O trazo máis destacable desta estación é a presenza de varias escenas de monta, cando menos unha delas sobre un cervo”.
Estes últimos gravados están pouco visibles debido á erosión. Na imaxe secundaria da ficha podemos ver un esquema dos gravados elaborado polo arqueólogo Antonio de La Peña Santos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA15082014
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A Estación 1 deste petróglifo foi estudada por Acuña Castroviejo na ano 1969, tendo sido a quinta estación descuberta na Comarca de Santiago. Estes petróglifos xunto con outros da zona, como Outeiro do Corno, Cruceiro Vello e Monte Piquiño forman parte do roteiro de visitas guiadas nocturnas levadas a cabo polo polos membros do colectivo A Rula en colaboración co concello de Teo que acondiciona os camiños para poder chegar a eles.
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TEO/documents/27387CA603.pdf (pax. 4 do pdf)
PETRÓGLIFOS DE CORNIDE OU DO RÍO ANGUEIRA
https://es.calameo.com/books/0025066783c3ff39043c1
http://megaliticia.blogspot.com.es/2015/10/petroglifos-de-cornide-ou-rio-angueira.html
https://www.wikiloc.com/hiking-trails/i-andaina-nocturna-os-petroglifos-teenses-4877951
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8001392873Lonxitude: -8.59980054858
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84