Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Santiago (comarca) / Teo
Parroquia: Calo (San Xoán)
Lugar: Mouromorto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Petróglifo situado nunha rocha a ras de chan fracturada por diaclasas e situada a carón dun camiño. As medidas do afloramento rochoso segundo o catálogo arqueolóxico do PXOM de Teo do ano 2010, serían de 5 metros de lonxitude no sentido leste-oeste e 3.5 m. no norte-sur. O gravado na parte central da rocha representa unha combinación circular de 5 círculos concéntricos con cazoleta central. O diámetro é duns 60 cm. A partires desta cazoleta saen catro radios cara ao círculo máis exterior. A orientación dos radios coincide cos catro puntos cardianis. Na prolongación do radio disposto cara o sur, a poucos cm. do círculo exterior, hai unha pequena cazoleta. Con luz artificial, pode observarse ao norte da combinación circular de maiores dimensións unha segunda combinación de pequenas dimensións composta dun só circulo con coviña central e outras coviñas ailladas noutras partes da pedra.
Ao sur do motivo central consérvase outro conxunto de sucos indeterminados de difícil lectura.
O debuxo da imaxe secundaria é un deseño do arqueólogo Enrique Álvarez Neira.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA15082037
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Este petróglifo, xunto con outros da zona, como Outeiro do Corno, Cornide ou do Río Angueira e Monte Piquiño forman parte do roteiro de visitas guíadas nocturnas levadas a cabo polos membros do Colectivo A Rula en colaboración do concello de Teo que acondiciona os camiños para poder chegar a eles.


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/TEO/documents/27387CA608.pdf pax 2
PETRÓGLIFO DO CRUCEIRO VELLO-MOUROMORTO
https://www.wikiloc.com/hiking-trails/i-andaina-nocturna-os-petroglifos-teenses-4877951

Unha na prensa do incendio de Xullo do 2015 que afectou ao petróglifo e ao Cruceiro Vello
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/teo/2015/07/01/incendio-forestal-teo-afecto-yacimientos-arqueologicos-calo/0003_201507S1C8991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8107746691
Lonxitude: -8.59680238693
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84