Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Noia (comarca) / Outes
Parroquia: O Freixo de Sabardes (San Xoán)
Lugar: Vilariño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

No afloramento granítico de Fontemoureira, con lixeira inclinación cara ao sur e a 141 m. de altitude, podemos ver marcadas dúas zonas ou estacións con gravados a ras de chan. O lugar foi intensamente usado para a extracción de pedra, e podemos observar o que sería unha terceira estación ou gravado posto nunha gran rocha dun valado de división de propiedade do monte situado inmediatamente ao sur deste lugar arqueolóxico.
O que denominamos primeira estación amosa unha combinación de catro círculos concéntricos con suco radial e perimetrada pola banda norte con incisións rectangulares con coviña central enmarcando o conxunto. O seu diámetro podería acadar os 80 cm. A parte sur da combinación circular amosa o que o arqueólogo italiano Emmanuelle Anati denomina “facce oculi”, dous espazos remarcados de forma redondeada con coviña central que recordan a forma de dous grandes ollos. Ao lado sueste desta rocha sitúase un conxunto de alomenos 17 coviñas. Entre estes dous motivos hai un gran oco de extracción de pedra.
Na segunda estación, situada uns 25 metros ao suroeste, vemos varias combinación de círculos concéntricos, de distintos diámetros e número de círculos, e no cal hai tamén cazoletas. Compoñen no soporte rochoso un complicado deseño de formas de difícil interpretación . Consistirían nun grupo de alomenos sete combinación moi apegadas entre si e que se tocan tanxencialmente algunhas delas. No mesmo lugar e esparexidas polo penedo vemos outras combinacións, de menor tamaño e moi erosionadas, de dous e tres círculos concéntricos con coviña central. O que denominamos estación 3 estaría formada por un deseño moi parecido a combinación circular da estación 1, pero formando parte das rocha dun valado do monte situado so sur.
Na segunda imaxe desta ficha podemos ver a combinación da estacion 1 comparada coa estación 3.
Fotos Alex Negreira. Visita ao lugar en Agosto 2018


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: ForestalOutros
Código no Catálogo da Xunta: GA15082015
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O lugar foi limpado recentemente polos membros do Campo de traballo Horta do Muíño do Concello de Outes.


Referencias bibliográficas:

Mariño Reino, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1998. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-003-X

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA004.PDF (pax 3 do pdf)
Neste plano do catálogo do PXOM de Outes. 2011. A súa situación está errada. Están situados máis ao nordés, despois de cruzar o camiño que na área de protección está situado á dereita.

http://megaliticia.blogspot.com/2018/05/petroglifos-de-fontemoureira.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7976689317
Lonxitude: -8.95490721845
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84