Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Pardeconde (Esgos)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pedra re-aproveitada, de algunha antiga construción, que a atopamos inxerida no muro dunha casa que data de finais do século XIX ou comezos do século XX.
Nesta nova localización, está colocada ó revés do que debeu de ser a súa postura anterior.
Na súa superficie podemos ver gravada a data 1781, na parte central da pedra distinguimos unha gran cruz de tipoloxía cristiá, con unha base triangular. Noutra zona representase un reticulado con unha forma curiosa(Símbolo de protección enerxética), ademais aprécianse polo menos outras tres cruces mais e o que podería ser algunha letra, moi difícil de identificar.

Permanece inédita, dado que a simple vista non se distingue moi ben a gravación, aparte da data invertida e parte da cruz de maior tamaño que si se ven con claridade. Na fotogrametría obsérvase con mais nitidez todo o gravado.
Claramente foi repicada, posiblemente nalgunha obra de encintado antigo das xuntas do muro onde se sitúa.

Descoñecese a procedencia de esta pedra, sería interesante comprobar o reverso, por se conten mais elementos esculpidos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.345906
Lonxitude: -7.651495
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84