Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Fisterra
Parroquia: Fisterra (Santa María)
Lugar: Monte do Facho
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Trátase de dúas pedras abaladoiras, a poucos cm. unha doutra, de formas redondeadas e de considerable tamaño, sendo unha máis voluminosa que a outra ( alomenos de 1 e 1´5 m de diámetro ). Están a carón dun cantil no denominado Promontorio Nerio e situadas no Monte do Facho a 238 m. de altitude. O equilibrio que gardan con respecto ao seu punto de apoio fai que se movan premendo coas mans en dous puntos moi concretos, un en cada pedra. Chama á atención como esas dúas grandes masas de granito abalan acompasadas aplicando unha pequena forza neses dous determinados puntos. Dende o lugar onde están, a panorámica sobre o mar e a vista do solpor son inmellorables.
Atribúese a estas pedras lendas coma a de ser o lugar onde se pousou a Virxe, este rito quizá de cristianización dun lugar máxico; outras sobre o poder de determinar a fidelidade dos cónxuxes, e a de ter a capacidade de xulgar aos crentes que merecen entrar no ceo, ou a culpabiliddade dos reos. Eran dignos ou inocentes aqueles que facían abalar as dúas pedras, e culpables cando estas non se movían. Este ritual podería ter probablemente algunha relación co final do camiño xacobeo en Fisterra, sendo este fito o seu verdadeiro final, en troques de ser o recoñecido faro fisterrán.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Martiñón- Torres, Marcos. Murguía e a Arqueoloxía Galega. USC
(sobre as pedras abaladoiras).
https://academia.gal/boletins-web/paxinas.do?id=3362&d-447263-p=6
Plaza Beltrán, Marta en :ANTECEDENTES DEL CULTO A LAS CRUCES DE PIEDRA: LITOLATRÍA.
http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/antecedentes-del-culto-a-las-cruces-de-piedra-litolatria/html/ (apartado PIEDRAS DE ABALAR O ADIVINATORIAS (PIEDRAS OSCILANTES)
http://www.concellofisterra.com/turismo/info_lendas/gl/42
http://xacopedia.com/Facho_monte
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8966712575Lonxitude: -9.27376211066
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84