
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Punxín
Parroquia: Punxín (Santa María)
Lugar: As Quintás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pequena capela feita a base de perpiaño granítico irregular, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Na fachada principal podemos ver unha ampla porta de acceso con arco de medio punto doelado. Aos lados dúas pequenas bufardas con derrame interno.
O conxunto remata cunha espadana dun só oco e cruz pétrea de remate.
No interior vemos un pequeno retablo de madeira coa imaxe de San Roque.
Nun dos laterais exteriores existe unha inscrición co ano da construción da capela: “AÑO 1703”.
E tradición que na noite de San Roque (do 15 ao 16 de agosto) as mulleres durman no interior desta capela.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3711852806Lonxitude: -7.99974089207
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 31, 2018
Inscrición no muro lateral co ano de construción da capela.