Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Meaño
Parroquia: Meaño (San Xoán)
Lugar: A Canle - Os Agros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa feita a base de perpiaño granítico, dunha soa nave de planta rectangular e con teitume a dúas augas.
A fachada principal, modificada no século XVIII, presenta porta de acceso doelada, unha pequena fiestra con derrame interno, e unha espadana de dous vans.
No interior destaca a capela maior rectangular con bóveda de canón.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000032181
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior consérvase unha lápida de caracteres góticos e unha pía bautismal troncocónica.
Tamén podemos ver os restos de linteis con arcos conopiales pertencentes a un baldaquino de finais do século XV ou principios do XVI.
No exterior destaca a colección de canzorros e motivos antropomorfos da orixinaria edificación de época románica


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MEANO/documents/0819CA003.PDF (Páxina 1)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=Mea%C3%B1o&localidad=PONTEVEDRA


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4442504734
Lonxitude: -8.78452956676
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84