Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Muros / Muros (comarca)
Parroquia: Abelleira (Santo Estevo)
Lugar: O Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Conxunto de sete hórreos “tipo noia” abeirados ao rueiro principal do lugar do Vilar. Defiren un pouco entre eles no tamaño e nalgúns detalles construtivos. As cámaras elévanse sobre pés con tornarratos cilíndricos onde se apoian os linteis. A súa construción está feita a base de pezas de perpiaño de granito que se superpoñen en fíadas, deixando físgoas entre elas para facilitar a ventilación. Tanto a cámara como o penal seguen a mesma estrutura e levan o mesmo material granítico. Algúns amosan pináculos moi apuntados no cume das sobrepenas. O teito vai a dúas augas con tella do país. Algún hórreo do conxunto leva tella francesa.
O conxunto do Vilar atópase uns 400 m. ao norte do grupo de hórreos da aldea veciña de Bornalle.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA020.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8030456787
Lonxitude: -9.0108859337
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84