Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Meaño
Parroquia: Dena (Santa Eulalia)
Lugar: Morouzos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro cun total de 7 metros de altura que nace sobre 5 chanzos de sección octogonal. A súa base. tamén de sección octogonal, posúe as arestas rebaixadas.
O varal comeza e sección cadrada e segue en octogonal perdendo grosor a medida que sube. Nel podemos ver varias imaxes:
* un peto de ánimas de sección sección rectangular que remata en arco de medio punto. No seu interior vemos a imaxe de Cristo crucificado en posición central e catro figuras máis ao redor.
* varias imaxes como a de San Miguel Arcanxo con espada e balanza, San Francisco, unha santa, e un Santo Antonio co Neno no colo.
O capitel ten forma tronco piramidal ornamentado con volutas, follas de acanto e cabezas de anxos nos seus lados, excepto baixo o cristo onde hai unha caveira.
O conxunto remata nunha cruz de sección octogonal na que aparecen as imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno, coroada por dous anxos e aos pés tres cabezas de querubín.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360270201.html
https://www.elcorreogallego.es/lo-mas/lo-mas-visto/ecg/escola-canteiros-rehabilitara-deteriorado-cruceiro-morouzos-meano/idEdicion-2007-11-16/idNoticia-233090/
https://www.elcorreogallego.es/lo-mas/lo-mas-visto/ecg/escola-canteiros-inicia-instalacion-do-cruceiro-morouzos-meano/idEdicion-2008-11-21/idNoticia-367383/

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4478612275
Lonxitude: -8.80239016104
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84