Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Meaño
Parroquia: Xil (Santa Eulalia)
Lugar: Broullón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pequena capela do século XVIII feita a base de perpiaño granítico de boa factura. Presenta planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas, agás na ábsida que é a catro.
Na fachada principal podemos ver unha porta de acceso lintelada con molduras. Por riba dela unha fornela con arco de medio punto e forma de vieira na que aparece a patroa con Cristo xacente nos brazos. A continuación unha pequena fiestra cadrada con derrame interno.
O conxunto remata nunha espadana dun só oco con cruz pétrea e pináculos no cume.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000032192
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior se garda a imaxe da Piedade en tamaño real vestida de negro que sostén en brazos o corpo xacente de Cristo.


Tradición oral:

No día da festa aínda se pode ver a procesión do “Encontro das imaxes”. A devoción é tal que no pasado existía a tradición de reservar o posto para portar a imaxe da Santa na procesión cun lenzo na porta da ermida.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MEANO/documents/0819CA003.PDF (Páxina 3)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4665429913
Lonxitude: -8.7817162198
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84