Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Vilacova (Santa Eulalia)
Lugar: Servia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro situado nun pequeno espazo de terra nunha encrucillada de camiños.
Nace sobre un só chanzo de sección cadrada. A súa pequena base é de sección cadrada coas arestas rebaixadas.
O varal, que nace en sección cadrada e segue coas arestas rebaixadas, posúe dúas imaxes en altorrelevo: a primeira é un relixioso con hábito é cordón, e a segunda unha Virxe coas mans entrelazadas.
A continuación un capitel moi erosionado no que vemos motivos vexetais.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas e remates florenzados na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe con Cristo xacente no reverso. A Virxe aparece sobre unha peaña con forma de cabeza humana tamén moi erosionada.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007632
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA007.pdf (Páxina 2)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7875447437
Lonxitude: -8.78874973726
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84