Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outes
Parroquia: Roo (San Xoán)
Lugar: Roo de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Segundo Xoán Mariño, a igrexa de San Xoán de Roo comezouna a construír en 1749 Domingo de Fontela, seguindo o plan trazado por F.Manuel de la Peña, e rematouse no ano 1752, sendo supervisadas as obras por F. Manuel de los Mártires, ámbolos dous arquitectos composteláns. É a máis grandiosa e harmónica de todo o Concello de Outes, tanto pola perfección das súas medidas, como polas súas equilibradas formas. A igrexa amosa dúas fermosas torres, caso único en toda a comarca, mesmo en toda Galicia os exemplos que a superen son escasos. Ten planta de cruz latina con todos os seus espazos rectangulares, agás a escaleira de caracol no recanto suroeste, fronte a ela vai o baptisterio. Nos brazos da cruz ábrense nichos destinados aos confesionarios. Os muros son todos de cadeirado e neles ábrense 6 grandes ventás de 2,5 metros de alto cada unha, todas alinteladas e enfrontadas a ambos lados da igrexa. Outra máis grande na fachada, con arco na parte superior. A fachada, onde se concentra a maior parte da decoración, está dividida en tres corpos por medio de pilastras. Na central está a porta principal enmarcada por varias molduras e enriba dela unha ventá con molduras e orelleiras no marco. Formando o corpo da fachada están as dúas torres de planta cadrada, con lisas pilastras de capiteis xónicos, flanqueando arcos de medio punto e balaustradas na parte inferior, sobre o seus entaboamentos, novas balaustradas con xarróns nas esquinas dan paso aos corpos de planta octogonal rematados en pequenas cúpulas con pináculos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II,
Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4
Ficha no pxom de Outes
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA014.pdf (páxina 3 de 4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8225002595
Lonxitude: -8.9312517643
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84