Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Vilacova (Santa Eulalia)
Lugar: Vilacova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada, o superior parcialmente destruído.
A súa base cúbica de arestas rebaixadas posúe varias lendas moi erosionadas, pero na que aínda se pode ler o ano da súa feitura: “1900”.
O varal, de sección octogonal, dá paso a un capitel moldurado.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas e sobre unha peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.

Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007635
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA007.pdf (Páxina 4)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150420702.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.780265357
Lonxitude: -8.81091974081
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84