Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Fruíme (San Martiño)
Lugar: Fruíme
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre catro chanzos de sección octogonal. A súa base, de sección octogonal, posúe uns relevos moi erosionados que semellan ser caveiras e osos.
O varal posúe unha primeira parte en sección cadrada cos laterais moldurados. O resto ten sección cilíndrica.
A continuación o capitel algo tosco que aparece decorado con motivos vexetais nas esquinas e caras nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada de arestas rebaixadas e remates florenzados. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe con Cristo xacente no colo no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007680
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA006.pdf (Páxina 10)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150420202.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7307601937
Lonxitude: -8.82445964363
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84