Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lousame
Parroquia: Fruíme (San Martiño)
Lugar: Fruíme
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada que semellan de recente factura.
A súa base cúbica posúe varias lenda que din o seguinte:
“PROPIEDAD
DE
RAMON RODRIGUEZ
Y SU ESPOSA
JOSEFA LOPEZ”.

“RESTAURADO
POR
M. OBDULIA E.
VAZQUEZ
RODRIGUEZ
AÑO 1993.

O varal comeza en sección cadrada e segue coas arestas rebaixadas.
A continuación o capitel tipo xónico, con motivos vexetais e rostros de anxos.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica con nos na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe no reverso.

Ao estar situado nunha propiedade privada e rodeado dun enreixado non nos foi posible ver a imaxe da Virxe.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007681
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA006.pdf (Páxina 10)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7298494478
Lonxitude: -8.82443677777
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84