Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Abegondo
Parroquia: Crendes (San Pedro)
Lugar: igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo “de Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos. No segundo chanzo hai unha inscrición que empeza polo lado esquerdo e que di:”EN LEMBRANZA”; anverso:”PARROCO D. ELADIO / SANCHEZ VAZQUEZ”; dereita:”VODAS D`OURO CONNOSCO” e no reverso:”MCMLI-MMI”.
Ten un pedestal cúbico con cuarto bocel inverso e mediacana. En cada cara ten un escudo con diferentes motivos. No anverso, as chaves de San Pedro; na dereita, unha vieira coa cruz de Santiago; no reverso, o escudo de Crendes e na esquerda, unha “M e unha “A” intercalada coroada con 6 estrelas de seis puntas.
O varal é octogonal e ten dúas figuras, a de abaixo posiblemente sexa San Antonio e a figura darriba é San Pedro.
Ten un capitel de inspiración xónica, octogonal con astrágalo octogonal e liso. O ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ten unha flor e cada lado curvo ademais de ter volutas e follas.
A súa cruz é cuadrangular coas esquinas acanaladas, remates florenzados e botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos, mans pechadas e o empeine do pé esquerdo sobre o dereito. Inclina a cabeza cara á dereita, sen coroa de espiñas e cun pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita cunha corda.
Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de Orar coas mans xuntas sobre o peito e sobre unha peaña coa imaxe dunha vieira. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca004.PDF (Páx. 74).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2665781914
Lonxitude: -8.27299200817
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84