Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Rianxo
Parroquia: Taragoña (San Salvador)
Lugar: Pastoriza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre un pedestal feito con perpiaños graníticos. A continuación un chanzo de sección cadrada.
O groso varal, de sección cadrada coas arestas rebaixadas, posúe unha inscrición moi erosionada na que aínda se pode ler o ano da súa feitura: “1636”. Onde acaban os rebaixes superiores ten esculpidas dúas caras nos
dous dianteiros e dúas cunchas de vieira nos traseiros.
O capitel ten catro lados, un deles decorado cun ano coas ás abertas.
O conxunto remata nunha capela con fornela cadrada e tellado plano e cuberta a catro augas con cruz pétrea de remate.
As paredes da capela son do ano 1993 (ano da súa reconstrución) e aparecen decoradas con botóns.
A cruz de remate posúe as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe das Dores sobre unha peaña no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/150720618.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2015). Os cruceiros do Concello de Rianxo. Editorial Toxosoutos.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA –
RIANXO. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMRianxo.html)
Gónzalez Pérez, Clodio. “OS CRUCEIROS DE CAPELA:V. CONCELLO DE RIANXO (II)”. “CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS”, Tomo XLVII, Fascículo 112, Santiago 2000.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7115128503
Lonxitude: -8.81466835037
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84