Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Abegondo
Parroquia: Crendes (San Pedro)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A igrexa actual é producto dunha gran reforma levada a cabo no ano 1863 segundo as inscricións da fachada. A reforma partiu doutra igrexa, máis pequena, que tiña a súa porta principal no lado oposto á existente hoxendía.
Na actualidade, o edificio presenta unha soa nave, rectangular, con muros de carga e revestidos e pintados de branco agás o recercado dos vans e o arco triunfal que dá paso ó presbiterio, que ten cantería á vista.
No exterior destaca a súa fachada coa espadana monumental. A fachada barroca, levada a cabo no ano 1863, de traza pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha gran pedra co escudo parroquial e cunha inscrición que di: “SE EDIFICO EN EL AÑO / DE 1863 SIENDO CURA PARROCO / DON MANUEL FONTENLA CAB. D. LA / R. ORDEN Y AMERICANA DE YSABEL LA CAT.”. Enriba desta pedra outra armeira coroada e máis arriba, un óculo semicircular que dá luz ó coro. Enriba deste oco unha imaxe de San Pedro debuxado nuns azulexos.
Rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha gran espadana de tres corpos. No primeiro formado por dous grandes arcos de medio punto que descansan sobre piares e onde van as súas campás. No segundo corpo, un arco de medio punto flanqueado por dous pináculos piramidais con bola. Dentro do oco está a imaxe de San Pedro. No derradeiro corpo, un pequeno frontón triangular cun oco circular flanqueado por dous pináculos iguais cos anteriores pero de menor tamaño. Todo este conxunto vai coroado cunha cruz cuadrangular e achafranada de pedra.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Abegondo, Betanzos, Irixoa, Miño, Paderne e Vilarmaior”. Volume VII. Deputación Provincial da Coruña, 1997.

– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca004.PDF (Páx.73).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2663274371
Lonxitude: -8.27244885671
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84