
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Marín
Parroquia: Ardán (Santa María)
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O cruceiro do adro de santa María de Ardán está situado a carón do muro de peche do mesmo, no extremo oposto á igrexa. Ten unha plataforma de dous graos, sobre a que se apoia o pedestal, cúbico, labrado cunha caveira en relevo afundido, con tibias cruzadas no lado frontal, e unha cruz de San Andrés no lado posterior. Anexo ao pedestal, no frontal, hai unha mesa de ofrendas de pedra, apoiada en dous pequenos piares labrados, e rematada nun pequeno frontón decorado con volutas. O varal é de sección octogonal, cun amplo colarete cilíndrico antes de dar paso ao capitel. Este vai decorado con volutas xónicas en cada esquina, e cabezas de anxo no centro de todas as caras, agás na frontal, onde se representa a caveira de Adán, cos ósos cruzados sobre o colarete. A cruz é tamén de sección octogonal, cos brazos con remates coroados. No anverso, amosa un Cristo crucificado, con catro cravos, cabeza ladeada á esquerda, algo desproporcionado pero de rasgos ben labrados, acompañado da Virxe, con manto, á súa dereita, e San Xoán con túnica e carapucha, á esquerda, en tamaño da metade do Cristo. No reverso, a cruz amosa unha representación da piedade, coa virxe sentada, co Cristo morto no colo e os pés apoiados na cabeza dun anxo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A fachada da casa que ten detrás afea o conxunto e impide ver ben as figuras do reverso.
Onde está localizado
Latitude: 42.35067092166438Lonxitude: -8.736909627914429
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Nov 17, 2014
Este cruceiro se atopa catalogado no PXOM do ano 2012:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MARIN/documents/22861ca003.PDF