Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Abegondo
Parroquia: Vilacoba (Santo Tomé)
Lugar: Camposanto parroquial
Outra denominación do ben: Cruceiro do cemiterio de Vilacoba
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico con chafrán. O varal é cuadrangular achafranado que soporta un capitel cuadrangular, troncopiramidal invertido con imaxes de caras en relevo nas súas caras. A súa cruz é cuadrangular cos brazos con lixeiro chafrán, remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con catro cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca007.PDF (Páx.44).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1713033144
Lonxitude: -8.29076444189
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84