Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Abegondo
Parroquia: Leiro (Santaia)
Lugar: Leiro / O Loureiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Trátase dun recinto fortificado situado a uns 195 metros sobre o nivel do mar, formado por un único recinto de planta oval, duns 105 metros de diámetro no seu eixo NL-SO por uns 113 metros no eixo NO-SL acadando unha superficie duns 7.900 metros cadrados. Está defendido por unha sucesión de parapeto e foxo que acadan unha altura de 3-5 metros e unha anchura que vai dende os 5 aos 10 metros. Agás a parte NO o parapeto que defende a croa está reforzado cun foxo que pode acadar os 13 metros de ancho, e un segundo parapeto que pode acadar os 3 metros de alto e uns 10 metros de ancho. Na parte Oeste e Sur e na parte Norte e Leste hai outro foxo de menor entidade. Estas defensas vense interrumpidas no NO polo paso da estrada e na parte SL onde semella que está a súa entrada orixinal.As súas medidas totais poden chegar ós 19.500 metros cadrados cuns160 metros de lonxitude na parte NO-SL por uns 175 metros na parte NL-SO.
En xeral, segundo o pxom, está ben conservado, conserva íntegro a parte central e gran parte do sistema defensivo así como indicios dun antecastro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15001010
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca002.PDF (Páx.35).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1962212837
Lonxitude: -8.27367588824
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84