Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: O Parrote, Cidade vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Foi de planta basilical con tres naves, sendo na actualidade un templo dunha soa nave con tres ábsidas semicirculares á cabeceira. As ábsidas comunican coa nave por medio de arcos de medio punto, que se apoian en semicolumnas. Cóbrense con bóvedas de canón rematadas en bóvedas de cuarto de esfera, agás a ábsida da epístola, modificada na súa planta e estructura.
A ampla nave está dividida en catro tramos por arcos dobrados apuntados de perfil triangular, que descansan en tres semicolumnas por lado. Esta disposición anómala evidencia distintas fases constructivas.
A obra románica comprendería as tres ábsidas, sen embargo, será no gótico cando se remodele, engadindo un rosetón sobre a ábsida central con arquivoltas decoradas con baquetóns e frores. Sobre as ábsidas laterais aparecen ventás semicirculares. A nave cóbrese con teitume de madeira a dúas augas. Ós pés aparece a tribuna sostida por un arco rebaixado.
Os capiteis do interior da nave, moi estreitos, decóranse con emblemas xacobeos: bordóns e concha de pelegrín como corresponde ó santo titular da igrexa. Aparecen tamén temas vexetais e aves androcéfalas.
Esta igrexa sufriu varias reformas, entre as que destacan a do ano 1615, na que se refai a ábsida da epístola; a do ano 1690 na que se engade o arquivo xunto á sancristía actual e a do 1779, na que un incendio destrúe o teitume do templo.
É importante sinalar como dende 1380 aparece o concello da cidade reunido no seu adro. Estas reunións foron frecuentes nos séculos XIV-XV, ata mediados do XVI, alternando ás veces con outras reunións en Santo Domingo, se o templo así o esixía.
No exterior presenta tres portadas. A principal sobresae lixeiramente do plano da fachada. Remátase cun tornachuvias de pequenos arcos soportados por canzorros, rosetas e figuras. No tímpano escúlpese unha imaxe ecuestre do Apóstolo Santiago, que avanza en cabalo ó galope, coa espada na súa man dereita e as rendas na esquerda. A porta é de arco apuntado e na súa clave aparece Cristo amosando as chagas. Na portada norte, románica, conserva un arco de medio punto con arquivoltas, a decoración do cal, a base de flores e follas, recorda a obra do Mestre Mateo.
A torre das campás actual é do século XVII e o rosetón da portada de principios do Século XX.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitectura da provincia da Coruña, A Coruña”, Vol. VI, Diputación Provincial da Coruña, 1997.
-CASTILLO LOPEZ, A.: Notas a la historia antigua de La Coruña. A Coruña, 1948.
-REY ESCARIZ, A.: “Historia y descripción de la ciudad de La Coruña”, A Coruña, 1886.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/26446ca003.pdf
-http://www.coruna.es/documentos/descarga.jsp?6b7b89e5-de7d-11de-ad6b-11fccb511f30


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3696231136
Lonxitude: -8.39415952563
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84