Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa da Atalaia - Rúa Amor Ruibal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Igrexa de estilo neoclasicista feita entre os anos 1957 e 1963 a base de perpiaño granítico, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.
O deseño é obra do arquitecto vigués Antonio de Cominges Tapias, inspirado na igrexa da de la Madeleine de Bartolomé Vignon en París. A construción foi promovida por Leopoldo Eijo-Garay (Bispo de Madrid-Alcalá).

Destaca o seu pórtico tretástilo de orde xónica. O aceso se realiza por medio dunha gran escaleira pétrea.

O templo non foi aberto ao culto ata ser convertida en igrexa parroquial, o 26 de decembro de 1970.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior do templo destacan as esculturas do artista valenciano Vicente Rodilla Zanón: a Virxe da Soidade, o Vía Crucis, o baptisterio e os 12 apóstolos

O retablo, de estilo moderno, ten traballo en ferro e cristal.

As 10 vidreiras son obra da xa extinta empresa viguesa “A Belga” no que se amosan seis das sete Dores da Virxe, o Cristo da Victoria e a Asunción de María. Noutras vidreiras podemos ver a Pío X e o escudo episcopal de Eijo-Garay.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha AR.00.004 – páxina 28)
http://parroquiadelasoledad.blogspot.com/p/historia.html
http://hoxe.vigo.org/movemonos/ig_soledad.php?lang=cas#/
https://www.atlantico.net/articulo/vigo/arquitecto-dios/20220820231321934093.html

BIBLIOGRAFÍA
VILAS RODRÍGUEZ, Marta. ANTONIO COMINGES TAPIAS. OBRA RELIGIOSA EN VIGO. Boletín Académico. Revista de investigación y arquitectura contemporánea. Escuela Técnica Superior de Arquitectura. Universidade da Coruña. Número 5 (2015).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2291016519
Lonxitude: -8.72729799628
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84