Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: Coruña, A
Lugar: Coruña, A. Praza do Marqués de San Martín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Os xesuítas establecéronse na Coruña en 1673 cun colexio e unha residencia. Comezaron as obras da súa igrexa en 1725, ata 1760 non se rematou a torre do norte, construíndose a do sur en 1906 gracias a A. Reboredo Blanco. Ó ser expulsados por Carlos III en 1767 instaláronse no seu edificio os Agostiños. Despois da exclaustración de 1836 pasou a se-lo Concello, derrubándose o convento.
Domingo de Andrade trazou inicialmente a igrexa. Ten planta de cruz latina con tres naves, separadas por piares; a nave principal ten dobre anchura nos laterais. A nave central cóbrese con bóveda de aresta. Arcos de medio punto serven de arcos formeiros entre as naves laterais e a nave central. Pilastras de orde xigante organizan o espazo interior en tramos e sosteñen un entaboamento de orde dórica cun friso que ten triglifos e metopas. O cruceiro cóbrese cunha bóveda de crucería con nervos de moito resalte e unha pequena lanterna no centro. Destaca a tribuna que percorre lonxitudinalmente o templo e que permitía á comunidade xesuítica asistir ó culto sen mesturarse cos fieis.
A fachada actual é obra de Clemente Fernández Sarela, de arredor de 1766. Esta fachada é un corpo saliente, no que destacan dúas grandes columnas dóricas sobre podio a ambos lados da porta, enmarcando fornelas laterais. A banda central lembra a arquitectura de Simón Rodríguez, ó superpoñer un esquema tripartito formado por porta-fornela-ventá e un edículo con aletóns. As torres laterais teñen tres corpos e quedan lixeiramente recuadas. Destaca a decoración a base de placas, ás veces recortadas e miúdas; outras alongadas e rematadas en disco e outras colgantes


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, A Coruña», Vol. VI, Diputación Provincial da Coruña, 1997.
-CASTILLO LOPEZ, A.: Notas a la historia antigua de La Coruña. A Coruña, 1948.
-REY ESCARIZ, A.: «Historia y descripción de la ciudad de La Coruña», A Coruña, 1886.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/26446ca003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3716496479
Lonxitude: -8.39712208082
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84