Outra fotografía:

Tipo de ben: Cuartel,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Praza da Constitución, Cidade Vella
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O edificio que hoxe ocupa a Capitanía é un edificio construído entre 1747 e 1753 polo enxeñeiro Juan Vergel e continuado trala súa morte polo seu axudante Sebastian Creagh. Edificouse cunha dobre finalidade, por un lado ser a residencia do gobernador e Capitán Xeneral e por outro servir de sede á Real Audiencia. É un edificio de planta rectangular que se ordea arredor dun patio central cadrado rodeado de pórticos e que servía como distribuidor das dúas funcións do edificio, polo tanto o sector oriental destinarase á función militar e o occidental á función xurídica que se uniría ó contiguo edificio do cárcere. É unha obra de carácter sobrio e sinxelo que responde ó barroco clasicista de formas simples.Este edificio realizado por enxeñeiros deu lugar a que o seu aspecto fose diferente ás grandes obras dos mestres barrocos que traballaban na cidade. Sobresae o gusto francés no edificio, imposto por estes enxeñeiros foráneos. O edificio consta de tres andares separados pero impostos. A fachada artículase en cinco panos enmarcados por pilastras lisas. A rúa principal é a que ten maior importancia ó rematar cun pequeno tímpano semicircular que acolle o escudo real e que sobresae no seu volume. Os dous corpos baixos destacan coa súa planitude rota polo maior volume de almofadado das esquinas. As pilastras que articulan esta fachada presentan ó chega-lo terceiro corpo unha decoración lisa que fai supoñer que unido ós cinco balcóns e ós frontóns e tornachuvias que decoran os vans das xanelas son moi posiblemente obra de Sebastian Creagh, nunha época posterior a 1750.
O edificio é de cantería labrada no plinto, nas pilastras e nas molduras qe encadran as xanelas. Dende 1515 está constituída na Coruña a Audiencia que se encargaba de administrar xustiza e dende o ano 1521 a Capitanía Xeneral que variou as súas funcións ó longo dos séculos con facultades gobernativas e militares.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, A Coruña», Vol. VI, Diputación Provincial da Coruña, 1997.
-SORALUCE BLOND, J.R.: “Castillos y fortificaciones de Galicia. La arquitectura militar de los siglos XVI-XVII”. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1985.
-CASTILLO LOPEZ, A.: Notas a la historia antigua de La Coruña. A Coruña, 1948.
-REY ESCARIZ, A.: «Historia y descripción de la ciudad de La Coruña», A Coruña, 1886.
-RODRIGUEZ VILLASANTE-PRIETO, J.A.: “Historia y tipología arquitectónica de las defensas de Galicia”, Edicións do Castro, Sada, 1984
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/26446ca003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.36917173280522
Lonxitude: -8.393155038356781
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84