Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: Sandiás (Santo Estevo)
Lugar: Santa Ana
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Casa grande resultado das diferentes ampliacións e construcións levadas a cabo polos seus propietarios ó longo dos tempos. Na fachada, destaca sobre todo, o portalón de entrada no que aparece a seguinte inscrición que luce na lumieira: AÑO DE MIL 790 / ESTA OBRA LA IZO EL SR DN TOMAS SANTANA I ARZE. De grande interese é o escudo que se atopa por riba da lumieira, claramente reaproveitado para a reforma desta casa, realizada no ano 1790, podendo ser unha pedra orixinal da torre do castro (torre de Sandiás), situada preto da casa, no que aparece esculpido un castelo medieval flanqueado por dúas aguias, unha a cada lado.
A casa ordease ó redor dun patio interior, no que destaca unha escaleira pola que se accede ó corredor no primeiro andar. No capítulo referido as variadas modificacións, destaca a modificación da cara sur, onde se substituíu a solaina por unha galería. A fachada é de perpiaños con encintado, mentres que o tellado é a dúas augas de tella do país. Esta casa posúe na finca traseira unha capela dedicada a Santa Ana.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: AC-17
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Esta casa é o orixe da linaxe dos Santana, a Casa de Santana, que teñen unha moi interesante historia. Un exemplo dela é que desta casa saíu en 1595, Alonso de Santana camiño ás Indias, onde chegou ser Alcalde maior da Casa da Moeda e Alguacil maior da Inquisición da vila de Potosí (Virreinato do Perú), sendo posteriormente o fundador e o patrono do colexio da Compañía de Xesús de Ourense.

Nos primeiros anos do século XX esta casa grande foi o ¨núcleo de poder¨ do Concello de Sandiás, xa que nela viviu o secretario do Concello de Sandiás, ocupando algúns dos seus fillos os principais postos neste concello: un era o párroco da parroquia de San Xoán de Piñeira de Arcos, outro o médico titular do concello de Sandiás, e outro o avogado, así como chegou a ser alcalde do Concello de Sandiás. Este último avogado foi albacea das propiedades de Dona Elisa Sotelo en Sandiás, nai do político José Calvo Sotelo (Propietaria do pazo do Espido (As Pegas – Sandiás)). Segundo me contou Dona Irene (mestra de Sandiás que naceu nesta casa), nos anos anteriores á Guerra Civil, a loita política neste concello limitábase a loita da Casa de Santana e os Marquina (os donos do Pazo do Penedo).

-Información recollida de conversas con Dona Irene Rodríguez (Mestra de Sandiás).
-Información recollida de Luis Sergio Pazos Bande


Historia recente do ben:

A casa fai moitos anos dividiuse entre varios familiares, un exemplo desta división é que unha das propietarias, Dona Irene (a mestra de Sandiás durante moitos anos), foi a propietaria da capela da casa ata a súa norte (morreu ós 105 anos), ocupándose sempre de todo (restauración do retablo, etc.). Deixándollela sempre ós veciños o día da Santa Ana para a celebración da festa.

Información recollida de conversas con Dona Irene Rodríguez (Mestra de Sandiás).


Referencias bibliográficas:

Catalogación do patrimonio cultural da Alta Limia (F. Barrié de la Maza):
http://www.altalimia.org/
Revista A torre de Sandiás (Nº 3 – Ano 2009)


¨Os primeiros emigrantes de Sandiás en Ámerica¨. Artigo de Xavier Feijoo na revista ¨Auria¨(Nº 169 do mes de maio, 2011).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1247670107
Lonxitude: -7.74803092642
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84