Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Vigo
Parroquia: Navia (San Paio)
Lugar: Quintela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Segundo podemos ler na web de petroglifosdomauxo.com:

“No lugar de Quintela, Navia, Vigo, na media encosta situada entre o outeiro do Muíño do Vento –que foi castro– e a ribeira dos Campos do Río, na foz do Lagares, localízase un discreto afloramento granítico no sitio de SUCRASTOS.
Inmerso nunha zona residencial urbanizada conserva unha laxe, a de máis á vista no medio do mato, cunha superficie case chan, a nível do solo, na que se poden distinguir gravados. Son as bases de tres muíños rupestres e un petróglifo formado por seis coviñas dispersas, un pequeno círculo con coviña central e pouco máis que algún suco a maiores; todo con escasa profundidade e moita pátina.

O potencial arqueolóxico do sitio foi dado a coñecer en 1999 nas investigacións do Clube Espeleolóxico Maúxo, en concreto nas Actas do Congreso Internacional de Arte Rupestre celebrado en Vigo aquel ano, onde figura co nome de Sucrasto (Costas, JB.). Daquela non se tivera ocasión, espazo dispoñibel, e iso que as actas foron editadas en formato CD-R, para publicar a planimetría dos gravados deste interesante grupo; cuestión agora corrixida coa edición da imaxe adxunta procedente dos arquivos do Clube Maúxo”.
Na contorna deste petróglifo existen outros máis, algúns deles inéditos.
Dende aquí o meu agradecemento a Ángel de Prado por compartir conmigo non só a fotografía senón o seu saber e coñecemento.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://petroglifosdomauxo.com/2018/11/02/sucrastos/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2026575337
Lonxitude: -8.7711880467
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84