Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: San Cristovo das Viñas (San Cristovo)
Lugar: Grela, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Este conxunto arquitectónico sitúase no antigo concello de Oza. A igrexa posúe unha única nave cuberta con bóveda de lunetos. A fachada é moi simple; decórase cunha gran placa e un escudo. Remátase cunha espadana que nos remite á arte popular. A porta, de luz vertical, reálzase mediante orelleiras, características da arte barroca galega.
O edificio anexo á igrexa serviu de convento para unha pequena comunidade relixiosa. A ornamentación céntrase nos vans divididos mediante unha pestana. Todo o edificio coróase cunha cornixa de pouco voo.
Aínda que toda a traza débese a Simón Rodríguez, que visitou A Coruña en 1743, o arquitecto que dirixiu as obras foi o seu discípulo Clemente Sarela. De aí que a linguaxe arquitectónica do seu mestre estea reducida a unha sinxela ornamentación de pouco volume, afastada das grandes construcións compostelás.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, A Coruña», Vol. VI, Diputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.347234281991675
Lonxitude: -8.430048823356628
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84