Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Mondariz
Parroquia: Gargamala (Santa María)
Lugar: Costa dos Rochos - O Barral
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

O que aquí podemos ver é unha laxe granítica case chan onde se sitúa este petróglifo composto de círculos e diferentes sucos, todos eles en moi mal estado de conservación, incluso poderiamos dicir que desaparecidos.
Tal e como mostra a foto, o lugar sufriu as consecuencias do lume de outubro de 2018 e o calor producido deu lugar ao efecto da termoclastia.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36030041 // RB.000045156
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O calor producido polo lume de outubro de 2018 provocou en menos de 20 días a fragmentación da rocha.
No momento de realización da foto (27 de outubro de 2018) a termoclastia xa era máis que evidente.


Referencias bibliográficas:

PXOM Concello de Mondariz – Aprobación inicial ano 2012 (Ficha X_041)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2007/09/11/xunta-declarara-bienes-culturales-catorce-petroglifos-area-vigo/0003_6130204.htm
http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/petroglifos-de-galizagalicia-provincia_9.html
Gargamala, continúa imparable a destrución do noso patrimonio arqueolóxico
www.aconcagua25000.blospot.com

BIBLIOGRAFÍA
Costas Goberna,F.J.; Novoa Älvarez,P:; Albo Morán,J:Mª.: “Los Grabados Rupestres de Gargamala (Mondariz) y el Grupo IV del Monte Tetón en Tebra (Tomiño) Provincia de Pontevedra”. Castrelos, III-IV (1990-91), 85-116.

Van Hoeh,M.: “Arte Rupestre en Gargamala (Modariz). Nuevos petroglifos y consideraciones”. Castrelos, 11 (1998), 95-113.

ENLACE TIPO LEGAL
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130710/AnuncioG0164-020713-0002_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Tal e como se pode ver nas fotos, o petróglifo sufríu as consecuencias dos lumes de outubro de 2018.


Onde está localizado

Latitude: 42.2721450359
Lonxitude: -8.44364351174
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84