Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Miñortos (San Martiño)
Lugar: As Pardiñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección octogonal. A súa base cúbica de arestas achafranadas está decorada con cunchas de vieiras en tres dos seus lados; no cuarto lado podemos ver os restos dun esmoleiro. Na parte superior da base podemos ler as seguintes inscricións:
“AÑO DE 1886”.
“… DE IGNACIO RODRIGUEZ DE LA PARROQUIA DE SAN … DE GOIANS …”.

O varal, que nace en sección cadradad e segue en octogonal, da paso a un capitel cuadrangular con astrágalo circular, liso, con volutas e con ábaco, lados curvos, vértices achafranados, cunchas, orlas vexetais e anxos.
O cruceiro remata cunha cruz de sección cilíndrica con nós na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe en actitude de oración, coas mans en cruz sobre o peito e sobre unha peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.

Ignacio Rodríguez, párroco naquela época, foi quen mandou construir o cruceiro para cumplir unha promesa feita por mor dunha enfermidade dun familiar.
O seu emprazamento non é o orixinal.

O cruceiro forma conxunto coa capela de Pardiñas (http://patrimoniogalego.net/index.php/101366/2018/11/ermida-dos-desamparados/) e unha fermosa sobreira.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011252
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace ao PXOM do Concello de Porto do Son:
http://portodoson.info/web/ (Ficha E_051 – Páxina 190)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1507106.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de A Coruña. Ed. IR INDO, 1998
MARTÍN RUÍZ, Luis (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Vol. III
MARIÑO DEL RÍO, M. Os cruceiros de Porto do Son. Ed. Comisión de Festas do Carme, 2005
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA –
PORTO DO SON. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMPortoDoSon.html)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7718817975
Lonxitude: -8.9368836786
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84