Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outes
Parroquia: San Cosme de Outeiro (San Cosme)
Lugar: Tornil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa substitúe á antiga que situada no alto do monte estaba case abandonada. Curiosamente no monte chamado Pedregal de San Cosme situado preto da Igrexa parroquial, Mª Dolores Gil Agra, segundo nos conta Xoán Mariño no seu libro do Patrimonio Artístico de Outes, adscríbeo tipoloxicamente como lugar de culto.
As obras do templo empezaron en 1751 e estendéronse ata o 1755, en que se rematou a torre. En 1763 fíxose o adro, no medio do cal se puxo un cruceiro novo anos máis tarde e que hoxe está no cemiterio. O conxunto érguese sobre un plano elevado respecto da estrada o que a fai máis destacable na paisaxe. Esta presenza está acentuada pola fermosa escalinata de dobre rampa que dá acceso ao adro, e que é un caso único en toda a comarca. Ten forma de cruz latina, de unha soa nave con cabeceira de testeiro recto, sancristía de planta rectangular e torre na fachada sobresaíndo en planta polo lado norte.
O edificio presenta a mesma altura en tódolos seus espazos, 9 m. ata a cornixa, por termo medio, agás e sancristía, que só chega aos 5 m., a torre elévase ata os 20 m. Os muros son de cadeirado, pero en certas zonas son irregulares e con aglutinante de cachote. Nas paredes ábrense poucos vans: unha ventá na cabeceira, dúas afrontadas no cruceiro, outras dúas, así mesmo afrontadas, nos muros do brazo maior e unha máis na fachada. Tamén na sancristía e na torre hai dúas en cada unha para alumear os espazos.
Ten dúas portas de entrada, ambas alinteladas, unha no muro sur, cun estreito marco como única decoración, e outra na fachada principal enmarcada por molduras. Sobre ela unha fornela coa imaxe de San Cosme, enriba do Santo unha gran cuncha de vieira fai de bóveda, o resto da fachada e lisa, salvo a liña da cornixa coa cruz no seu vértice curvado e un pináculo de bóla na súas esquina esquerda. A torre é lisa ata o entaboamento, sobre ela pilastras refundidas enmarcan arcos de medio punto con pequenas balaustradas na parte inferior. Remata en cúpula con pináculo tamén de bóla.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA013.pdf
(páxina 5 de 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8128282511
Lonxitude: -8.92008304596
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84