Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Noal (San Vicente)
Lugar: Laranga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base moldurada con escocia posúe varias lendas nas súas arestas. Parte desta inscrición di o seguinte:
“MANDO HACERLO JUAN QUINTERO, SU DUEÑO. A DE 1770 …”
Tamén presenta unha pequena oquedade posiblemente dun antigo peto esmoleiro.
A continuación o varal, que comeza en sección cadrada con imaxes gravadas nos catro lados, entre elas a Virxe do Carme con tres ánimas nas lapas do Purgatorio e Santa Antón de Pádua co Neno no colo.
O varal segue en sección octogonal e remata novamente en sección cadrada.
O capitel posúe decoración de volutas e cunchas de vieira nos esquinais, e caras de anxos nos catro lados.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI o anverso, e a Virxe apoiada nunha peaña con forma de cabeza de anxo con ás no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000011283
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
Enlace ao PXOM do Concello de Porto do Son:
http://portodoson.info/web/ (Ficha E_033 – Páxina 172)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150710602.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998
MARIÑO DEL RÍO, M. Os cruceiros de Porto do Son. Ed. Comisión de Festas do Carme, 2005

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7178909288
Lonxitude: -8.98780072288
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84