Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Baroña (San Pedro)
Lugar: Montemuíño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de capela situado no lugar de Chans do Cruceiro.
Nace sobre un groso varal de sección cadrada e arestas rebaixadas. A continuación unha pequena base voada dá paso á capela con fornela protexida cun enreixado metálico. No seu interior vemos a imaxe policromada da Virxe do Leite.
O conxunto remata cunha cruz apoiada sobre unha base moldurada. A cruz, de sección octogonal e remates moldurados, posúe a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Unha cantiga popular da bisbarra di o seguinte:

“Sempre me está preguntando
de que romaría veño;
veño da Virxe do Leite
no máis alto dos penedos”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
Enlace ao PXOM do Concello de Porto do Son:
http://portodoson.info/web/ (Ficha E_030 – Páxina 169)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1507114.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998
MARIÑO DEL RÍO, M. Os cruceiros de Porto do Son. Ed. Comisión de Festas do Carme, 2005
MARTÍN RUÍZ, Luís. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA –
PORTO DO SON. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMPortoDoSon.html)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7055635132
Lonxitude: -8.99441566326
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84