Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Covelo
Parroquia: Santiago de Covelo (Santiago)
Lugar: A Ermida
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro do ano 2000 que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas posúe a seguinte lenda:
“ES RÉPLICA DEL MAS ANTIGUO
DE GALICIA. S.XIV (MELIDE)
IMPULSADO POR EL CENTRO
DE ESTUDIOS DE A PARADANTA
Y O CONDADO.
SUFRAGADO POR
SUSCRIPCIÓN POPULAR.
A HERMIDA. 2006”.

O seu varal de sección cadrada e arestas rebaixadas presenta unha imaxe na súa metade.
A cruz, de sección cadrada, contén as imaxes de Cristo mostrando las chagas das mans no anverso, e unha representación do Calvario no reverso.

Este cruceiro é réplica do Cruceiro de Melide (http://patrimoniogalego.net/index.php/11863/2012/01/cruceiro-de-melide/). É obra do mestre canteiro cambadés Francisco Vaamonde Núñez.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3601302.html
http://fernandezsendin.blogspot.com/2010/09/el-cruceiro-de-covelo-ejemplar-unico.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2365788397
Lonxitude: -8.35719538675
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84