Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Outes
Parroquia: Roo (San Xoán)
Lugar: Roo de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Antes o Peto da Angustia estaba no antigo camiño que ía a Serra de Outes. O edículo no que está a Virxe consta dun pedestal de 1.09 m. de alto, sobre unha parede de pilastras adosadas de fuste liso e capitel dórico, que sostén un entaboamento, tamén liso, sobre a que descansa a cornixa voada e un frontón triangular. En medio das pilastras ábrese a fornela que acobilla á Virxe, o seu ancho e de 60 cm. e o alto 1.20 m., cóbrese con bóveda de canón que descansa sobre liñas de entaboamento superpostas ás xambas laterais. No interior da fornela vai unha Piedade de 80 cm.. A Virxe cóbrese cun manto que lle cae polos lados con gran riqueza de pregues, sostén a Cristo no regazo, aguantándolle a cabeza coa man esquerda, mentres trema do corpo do Fillo coa dereita.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, VolumeII, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA025.pdf
(páxina 2 de 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.822169752
Lonxitude: -8.93046855927
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84