Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Calvos de Randín / Limia (comarca)
Parroquia: Santiago de Rubiás dos Mixtos
Lugar: Rubiás
Outra denominación do ben: A casa do último xuíz do Couto Mixto
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Sinxela casa tradicional que a tradición sinala como a casa do derradeiro xuíz do Couto Mixto, a máxima autoridade deste territorio, que perdeu o seu autogoberno co Tratado de Lisboa (1864), o cal entrou en vigor o 5 de novembro de 1868. Atópase na actualidade dividida en dúas partes. A parte esquerda ten un tellado de placa ondulada metálica, xa que hai uns anos esa parte quedou sen tellado. A parte esquerda conta cun beiril de pedra, non o tendo a parte dereita da casa. A característica principal da casa é ter un pequeno patín na fachada, con escaleiras polos dous lados, que dá acceso as dúas portas de entrada. A fachada contaba no pasado con dúas fiestras, unha a cada lado de cada porta, na actualidade tapiadas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

¨Nesta casa disque viviu o último xuíz do Couto Mixto, a máxima autoridade do territorio e símbolo do seu autogoberno. Era o xuíz elixido cada tres invernos en votación por tódolos cabezas de familia das aldeas que se reunía para tal nun campo da Veiga do Salas equidistante das tres aldeas mixtas, Santiago, Rubiás e Meaus. Eran as súas funcións arranxar as disputas entre veciños e tratar coas autoridades veciñas. Contaba para iso cos homes bos de cada aldea e cun vigairo de mes, encargado de executar as ordes, e podía nomear un xuíz interino e un secretario que o asistisen¨.
Texto do panel colocado díante desta casa.


Historia recente do ben:

A parte esquerda da casa quedou sen tellado, substituíndose por un de placa ondulada metálica.


Referencias bibliográficas:

-Paneis do roteiro do Couto Mixto.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9110208319
Lonxitude: -7.83700192631
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84