Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Coruña
Parroquia: San Cristovo das Viñas, A Coruña
Lugar: San Cristovo das Viñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificio de planta de cruz latina cunha soa nave que foi construída orixinalmente sobre o ano 1475. A estrutura da cuberta é a dúas augas na nave, a catro no presbiterio destacando por riba da nave e a tres augas a sancristía apegada ó muro sur. No século XVIII, sobre o ano 1750, engádense diversos elementos entre os que destaca a fachada. Esta segue un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba mediante a porta principal, rectangular e adovelada. O marco da porta sobresae lixeiramente do pano da fachada. Sobre o ingreso hai unha fornela de forma avieirada e enmarcada por moldura con volutas na que ten unha imaxe de san Cristovo. Sobre ela hai un van rectangular que dá luz ó coro. Rompendo o vértice da fachada vai a base dunha espadana dun corpo formada por dous arcos de medio punto lixeiramente peraltados ademais de placas ornamentais, frontón triangular flanqueado por pináculos con bolas e rematado por un acroterio cunha cruz cuadrangular cos brazos con remates florenzados e botón central.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACORUNA/documents/27775ca315.PDF (Páx. 68 e 69).
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, A Coruña”. Volume VI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3449948923
Lonxitude: -8.41852290777
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84