Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Outes
Parroquia: San Cosme de Outeiro (San Cosme)
Lugar: Rates
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Unha inscrición na porta da capela di que foi feita en 1838, pero pódese pensar que esa é a data da súa reconstrución, pois consta xa que existía no 1505, cando nun documento de foro outorgado polo Pai Bernaldo de Medina, abade de Sobrado e o seu anexo San Xusto de Toxosoutos, dátado nese mesmo ano. Aforabase a Constanza Sánchez muller de García de Caamaño, señor de Vilagarcía, o lugar de Rates, (dependente daquel mosteiro) coa súa ermida. Ten planta de nave única rectangular, con presbiterio elevado por medio de dous chanzos. Ten porta única na fachada occidental, xunto a cal no interior ten unha escaleira para subir á tribuna. Os muros son de cadeirado mesturado con mampostería. Ten dúas ventás moi pequenas, unha a cada lado, nas paredes do presbiterio, e outra máis na fachada. Esta é completamente lisa e o único elemento decorativo é o pináculo que está enriba da espadana que sostén unha campá.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume II, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA013.pdf
(páxina 4 de 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8214536465
Lonxitude: -8.90845298767
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84