Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: San Cristovo das Viñas, A Coruña
Lugar: Adro da igrexa de San Cristovo das Viñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular. O varal é octogonal comezando en cuadrangular. O capitel de estilo corintio, ten o astrágalo octogonal e liso con volutas e follas. A súa cruz é cuadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados con botón central. No anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Cabeza ergueita ollando cara á dereita e cun pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cunha conservación de regular a mala.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3448729299
Lonxitude: -8.41881987276
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84