Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Muros / Muros (comarca)
Parroquia: Tal (Santiago)
Lugar: Tras da Costa / Tal ( entre Fonte do Gato e Fonte de Tal))
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Nun penedo que sobresae do chan coa súa cara norte en vertical con respecto ao terreo, atópase este petróglifo referenciado no catálogo do PXOM do concello de Muros. Esta cara ten unha altura duns 2 m. de alto e 5 m. de largo. Durante a confección da relación de Bens non se localizou e foi catalogado como “Referencia” (REF) coa seguinte descrición:
”Dado que non foi localizado por mor da vexetación incluímos a descrición que aporta Vázquez (1997) : a cara norte atópase gravada con multitude de coviñas de diferente diámetro, distribuídas en 10 fiadas verticais cun número variable de motivos en cada unha delas (de esquerda a dereita): 7, 4, 3, 11, 5, 4, 9, 4, 7, e 8. Na cara sur hai unha soa fiada con outras 8 cazoletas. A parte superior do afloramento tamén ofrece 10 gravuras distribuídas en dúas liñas de 6 e 4. É posible que o penedo sexa utilizado como marco territorial de fincas xa que forma parte dun valado”.
A ficha do catálogo, por un erro, localiza este petróglifo na parroquia Serres (San Xoán), en realidade está en terreos da parroquia de Santiago de Tal, nos límite con Santa Mariña de Esteiro, aínda que o lugar máis cercano e Tras da Costa (Santa Mariña), de aí o nome no catálogo do PXOM. Non se establece área de protección ao non estar localizado no momento da elaboración do catálogo de Bens, establécese unha área de cautela de 50 m. da teórica posición.
A rocha ten tallados un pequenos chanzos na aresta da cara leste e no cume da pedra hai unha pía escavada con cazoletas ao seu carón. Existe unha zona de rebaixe, aproveitando unha diaclasa natural, que atravesa a rocha dende a cara sueste a noroeste.
Na base da pedra, a rente do chan e ao longo da cara norte, son visibles alomemos tres cruces de diferentes tamaños, sendo a máis grande dun 15 cm.
Na segunda imaxe desta ficha podemos ver a forma do penedo dende a cara sur.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: REF 15053002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA008.PDF
(pax. 1 do pdf) REF 15053002


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7901982043
Lonxitude: -8.99867093048
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84