Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Rúa dos Pelamios
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVI construída sobre outra anterior de época románica feita a base de de perpiaño granítico e cachotería, de plnara rectangular e cuberta a dúas augas.

Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso con arco conopial. Nesta mesma porta destacan dous gravados: unha cruz patada do seu lado esquerdo e a cruz patricial do dereito.
Na parte superior do arco tamén existenn varios gravados.

Por riba da porta unha pequena xanela semicircular e unha fornela con remate en venera, presenta unha imaxe de Virxe con Fillo de factura gótica do ano 1500. Rematando o conxunto, unha espadana de dous ocos con pináculo central no cume.

Ao seu carón podemos ver a fonte da Nosa Señora (http://patrimoniogalego.net/index.php/96528/2017/10/fonte-da-nosa-senora/)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://compostelaverde.santiagodecompostela.gal/places/capela-da-nosa-senora-da-fonte/
http://anosahistoria.blogspot.com/2010/12/ordes-militares-do-temple-merce-e-santo.html

BIBLIOGRAFÍA
FRAGA SAMPEDRO, Mª Dolores e RÍOS RODRÍGUEZ, María Luz. Aproximación a la topografía espiritual de Santiago en la Baja Edad Media:antiguas y nuevas devociones. Ad Limina. Vol 5. N.º 5. Santiago de Compostela. 2014


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8875577183
Lonxitude: -8.54494676346
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84